2017053021112972894Dende Esquerda Anticapitalista Revolucionaria  ESAR mostramos o noso mais profundo rexeitamento ao desaloxo do Centro social Escarnio e Maldizer así como á brutal resposta represiva da policía contra aquelas persoas que, pacíficamente, amosaban a súa desaprobación ante a decisión xudicial de desaloxo e tapiado do Centro Social.

Non podemos calarnos ante as agresións do sistema capitalista, non podemos sucumbir á súa violenta coacción xa que lles daríamos o que queren. Queren calarnos mediante o medo e non o conseguirán. A súa represión únenos e fainos mais fortes. A represión do sistema se esta facendo cada vez mais notoria nas rúas e a única vía que temos de facerlle fronte é mediante a unión das forzas políticas de esquerda, dos sectores sociais en loita e das loitas sindicais, pois tamén a elas aféctalles a represión e coacción do sistema; a única vía é a unión e o rexeitamento publico e na rúa ante estas agresións do sistema capitalista.

Por ultimo queremos destacar que aínda que Compostela Aberta, un deses mal chamados gobernos do cambio, situouse nun comunicado a favor do Centro social amosando tamén a súa “preocupación” ante o desaloxo e con diversas actuacións institucionais que de nada valen, non levou a cabo ningunha outra acción contundente que signifique unha resposta á altura da represión sufrida, amosando así, en definitiva, que a vía meramente institucional ten limitacións e non serve de nada se non se acompaña doutras accións. Sitúanse a favor do Centro social pero ningún deles, co que supón ser un cargo político da cidade, acode a manifestarse, envía policía local a defender aos manifestantes, ou amosa interese e iniciativa en organizar á xente que esta en contra do desaloxo para levar a cabo unha resposta ante as agresións que vivimos estes días, pero que sufrimos ao longo de todo o ano as e os que usamos a rúa como escenario das nosas loitas. Hai moitas accións que se poden emprender como cargo político que traspasan a vía institucional, o único necesario é ter vontade política para levalas a cabo, sen medo a dar un paso máis aló ante este sistema. De non ser así o que están a conseguir é apontoalo aínda máis ao non amosar unha saída efectiva ante estos ataques.

Tócannos a unha! tócannos a todas!

Ningunha agresión sen resposta!