O pasado 16 de marzo ESAR Galiza apoioú a 1ª Marcha dos Traballadores Eventuais do SERGAS onde reivindicaban, entre outras cousas, unha sanidade pública, gratuita e de calidade, melloras laboráis e a activación das convocatorias de prazas para o SERGAS.
Esta protesta, que levouse a cabo en Santiago de Compostela, foi unha convocatoria a nivel autonómico, promovida polo SAGAP (Sindicato de Sanitarios Galegos Públicos) e apoiada por PROSAGAL (Agrupación de Profesionais da Saúde de Galicia) e a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de A Coruña, sen contar co apoio dos sindicatos maioritarios do sector que, en lugar de sumarse a esta convocatoria, realizaron unha pola súa conta tres días antes.
Á marcha acudiron cerca de 700 persoas dende as catro provincias galegas, baixo o lema común de “Os eventuais Existimos, Esiximos”, loitando contra a precariedade laboral que dende fai moito tempo, nalgúns casos dez e ata quince anos, sofren est@s traballador@s. O percorrido que comezoú na praza do obradoiro, pasou por diante da facultade de mediciña e terminoú diante dos edificios da Xunta de Galicia na cidade, onde entre consigna e consigna, procedeuse a lectura dun manifesto, soltáronse globos que simbolizaban as reclamacións d@s asistentes e fíxose entrega no rexistro das vidas laboráis d@s trallador@s eventuais.