CdLr9YQWoAUg_HvO 10 de marzo celebrouse en Galiza o “Día da Clase Obreira Galega”. Este día nace coma a conmemoración do asasinato de dous obreiros en Ferrol e, pese a que os feitos que o orixiñan ocorreron fai corenta e catro anos, non é ata ben entrada a década dos 90 cando oficializase.

En febreiro de 1972, os traballadores do estaleiro de Bazán organizanse ó redor de reivindicacións coma a redución de xornada, eliminación das horas extras obrigatorias, liberdade sindical e dereito a folga. Tras convocar folgas varios días, o 9 de marzo comezan os despedimentos e aperturas de expedientes dos promotores da loita no estaleiro. A reacción dos traballadores ante os despedimentos foi de paro total no estaleiro. Ó día seguinte a empresa decreta o peche e os empregados continuaron a mobilización nas rúas de Ferrol, sumándose ó paro traballadoras e traballadores doutras empresas e estaleiros, comercios e colexios. A intervención das forzas represivas iría dende un buque de guerra na ponte das Pías e os militares acuartelados na cidade ata as rúas tomadas pola Garda Civil e a Policía Armada, quen tras cargar contra os traballadores, e ante a súa resistencia, abren fogo asasinando a Amador Rey e Daniel Niebla e ferindo a moitos outros manifestantes.

Corenta e catro anos despois continuamos loitando por prácticamente o mesmo que os nosos compañeiros naquel tráxico día: xornada e salario digno, liberdade de expresión, liberdade sindical, prohibición dos despedimentos en empresas con beneficios, nacionalización e control obreiro das empresas; loitamos contra o paro e a precariedade, contra as desigualdades laborais entre homes e mulleres, pedimos: pan, traballo, teito e dignidade. Continuamos a loitar contra a explotación laboral e contra a represiva lei mordaza.

Hoxe en día, como ocorre con moitas outras datas sinaladas para a clase traballadora, o 10 de marzo tan só siginifica conmemoración ou recordó daquelo que as orixinou, neste caso o asasinato dos compañeiros. En boa medida, a culpa de que esto ocorra é da institucionalización destas datas. Deberíamos ir un paso máis alá, e recordar realmente por qué éstas son importantes. O asasinato de Amador e Daniel é o resultado da represión exercida á loita emprendida naquel febreiro de 1972. Por elo, o conxunto da clase traballadora debe saír á rúa nestas datas sinaladas non só a recordar feitos concretos, senon a empaparse da forza de clase, dos actos d@s compañeir@s de antaño que, con solidaridade e loita, puxeron contra a parede ós que ostentaban o poder para pedir xustiza e reclamar os seús dereitos. Debemos recordar e reivindicar estas datas como ponte para fortalecer novamente as nosas ferramentas de clase, esas ferramentas que permitirannos superar as lóxicas do sistema pra que poidamos avanzar. Precisamos á clase obreira organizada e combativa que, dende as institucións, pero sobre todo dende a mobilización e a loita, pelexen contra o capitalismo e a súa violencia.