pecho2En febreiro unha alumna da Universidade de Santiago de Compostela foi víctima dunha agresión machista mentras asistía a unha clase de matemáticas. Dita agresión viña nada máis e nada menos que do seu profesor, Luciano Méndez. Non era a primeira, e tampouco sería a última que sufriría, xa sexa directa ou indirectamente.

Dende o primeiro día de clase o profesor aludía de maneira ofensiva, reiterada e fora de lugar ó escote da alumna, dicíndolle cómo debía acudir vestida a súa clase porque se non él “non podería concentrarse”. A xoven non lle daba importancia a estes comentarios, asumíndoos coma algo común no seu día a día, coma moitas outras de nós, acostumadas a normaliza-lo acoso ó que vémonos sometidas no espazo público a todas horas. En febreiro a alumna non soportou máis a situación e, ante unha nova perla de Méndez sobre o seu modo de vestir, tachouno de “machista asqueroso”. Cabe dicir que a alumna xa solicitara en varias ocasións que lle cambiaran de clase obtendo da facultade unha resposta negativa. O profesor, lonxe de mostrar arrepentimento polo acoso ó que sometía a súa alumna, agrediuna de novo dicindolle que “se en realidade fose machista pegabache unha hostia”. Ó finaliza-la discusión a alumna afectada, xunto con outras compañeiras e compañeiros, acudiú a poñer unha denuncia na facultade pedindo que se tomaran medidas disciplinarias contra o profesor. Nesta ocasión a universidade si cambiouna de clase, novamente ela, a víctima, é a única que vese forzada a exclusión, a única sobre a que cae o peso do delito tendo que asumir un cambio que non debería ser seu senon do agresor.

alumnos-uscEn marzo un grupo de alumnas, e un alumno, do Master de Xénero, Igualdade e Educación, acudiron á clase deste profesor e descubriron os seus torsos en protesta polos feitos sucedidos o mes anterior. Nos seus peitos líanse frases de denuncia contra o anteriormente relatado e contra a pasividade da USC como “antes frívola que machista”, “Asco e vergoña na USC” ou “reeducamoste gratis”. O profesor novamente esgrimiú en tono irónico observacións totalmente fora de lugar sobre os feitos, coma se “baixo as persiáns para ter máis intimidade” ou que se “as pintadas dos peitos fanos menos bonitos”. Este acosador en todas e cada unha das explicacións que ha proferido en torno ó suceso non amosoú outra cousa que unha actitude puramente machista e denigrante contra a muller, falando do acontecido coma se él fose unha pobre víctima que non pode facer nin pensar noutra cousa que non sexa no escote da sua alumna se o ten diante e que a culpa é dela porque acudir así vestida a unha clase de matemáticas é inapropiado. Facendo alusión á ameaza física tan só mostroú arrepentimento dicindo que non debería haber chegado a ese extremo pero á vez que excusabase dicindo que foi debido á tensión do momento.

Non se pode normaliza-lo acoso, non se pode normaliza-la agresión, sexa cual sexa. Non poden continuar quedando impunes aqueles que agreden e acosan ás mulleres, aqueles que créense co dereito de dicirnos cómo vestir, cándo e ónde; Aqueles que, dun modo retorcido, asasino, quedos e protexidos dende a súa situación de poder, chámanse víctimas cando son agresores. Ten que rematar esta locura que lle permite a un home que debe ser guía e exemplo para as súas alumnas e alumnos, agredilas e agredilos libremente.

Unha cousa sé aprenderemos deste caso e é que a única maneira de que isto remate é organizándonos en movementos e partidos feministas, movilizándonos, tomando exemplo deste grupo de alumnas que non deixoú que esta agresión caera no olvido e voltaron a manifestarse en contra dos feitos, pedindo á “autoridade” pertinente que tomara medidas contundentes contra o agresor. A loita serve e é o único camiño. Se non, por qué ás nove horas desta reivindicación a USC emprendeú medidas reais, aínda que claramente insuficientes, contra o profesor?