descargaDende Esquerda Anticapitalista Revolucionaria (ESAR) queremos manifestar o noso mais profundo apoio e a máxima solidariedade coa compañeira Laura Bughallo, inxustamente represaliada polo seu labor.

O caso de Laura non é un caso illado, vivimos dende fai tempo un recrudecimento da represión; estamos a ver como incrementa sen cesar o número de compañeiras detidas, encausadas, millares de persoas sancionadas día a día por exercer as suas liberdades e por levar a cabo un traballo social, como no caso de Laura, apoiado por moitos colectivos. A clase dominante, conscente da forza das mobilizacións e da organización no espazo internacional (coma nos casos de Grecia e Francia), así coma do mantemento das loitas no estado español e na Galiza, responden tentando amedrentarnos, calarnos e desprazarnos á ilegalidade. Non llelo imos permitir.

Porque no estado español e na Galiza precisamos mais Lauras!
Porque non han de calarnos!
Todas somos Laura!