En Galiza, as eleccións do 25S presentábanse coma un escenario táctico que situase ás distintas forzas políticas maioritarias en mellor posición cara a negociación a nivel estatal que provocaron as dúas citas electorais do estado español. En ningún momento a política autonómica tivo importancia para os partidos maioritarios, só tiñan en mente o xogo de pactos estatal.
O PP foi o claro vencedor destas eleccións, revalidando a maioría absoluta que conseguise no 2012, mantendo os mesmos escaños. A estratexia seguida de esconder as propias siglas do partido e situar á figura de Feijoo como eixo da campaña, foi un acerto para a dereita, que campa ás súas anchas sen ningunha outra forza de relevancia no seu espectro político, nin sequera o seu recambio neste ciclo electoral, cidadáns.
Pola súa banda o PSOE, a pesar de perder votos, mantense coma un elemento crave dentro do bipartidismo, xa que as forzas maioritarias a súa esquerda seguen sen desmarcarse desta, incluso apelándolles para chegar a acordos electorais, o que é un balón de osíxeno para unha formación que cada cita electoral sae máis mal parada.
O BNG ha monopolizado o discurso nacionalista tentando manterse á boia coa figura de Ana Pontón á fronte, primeira dirixente feminina da formación nos seus 35 anos de historia. Pontón blandiú coa mesma facilidade a palabra “revolución” coa que o seu partido eliminoú do seu programa e do seu discurso á Clase Traballadora. Tódalas súas promesas viraron ao redor da idea de nación oprimida fronte aos opresores estatais (reflectidos en todos e cada un dos seus adversarios electorais), situándoa coma único suxeito do seu discurso, sen dirixirse a ninguén en concreto, deixando como non o campo aberto ás medidas máis reformistas. Tratando así de xogar a súa única baza: ocupar o espazo nacionalista pero esquecendo que este espazo, se non é conquistado pola clase traballadora, e non busca unha solidariedade obreira máis aló de fronteiras territoriais, está condenado ao fracaso. A súa estratexia serviulle para evitar o anunciado afundimento electoral que lles daban as enquisas, con todo seguen sen ser unha alternativa clara para a esquerda.
Unha das “grandes novidades” do panorama electoral galego foi En Marea, que continuoú co mesmo discurso de PODEMOS. Un discurso reformista e interclasista que abandonou totalmente as consígnas iniciais coma o non pagamento da débeda ou a prohibición dos despedimentos nas empresas con beneficios; Centrados na idea de “botar ao PP”, sen expor medidas que sirvan realmente ás clases oprimidas. En Marea, cun ano de experiencia en diferentes concellos de Galiza, non busca cristalizar coma o partido das clases populares, mesmo descendeu en votos en tódolos concellos onde hoxe goberna, senón que se consolida coma un partido onde o seu discurso está subordinado á estratexia electoral, tendéndolle a man ao PSOE ao mesmo tempo que din ser distintos a eles. Esta contradición e falta dun discurso claro fronte aos de arriba, en Galiza, traduciuse nuns resultados electorais que quedan a medio camiño respecto das súas expectativas e son, en definitiva, a confirmación de que a estratexia unicamente electoralista non serve para muda-las nosas vidas.
En definitiva, a consígna que levantou “a esquerda” maioritaria galega, xa sexa o BNG ou En MAREA, foi a de centra-lo problema en desaloxar ao PP da Xunta, dando mostra da súa debilidade e falta de perspectiva respecto dunha situación política e económica que requerirá dunha determinación e organización por parte das clases populares que estea á altura, para enfronta-lo novo ataque do neoliberalismo xa que, no momento no que o ciclo electoral remate, ostente quen ostente ese limitado “poder institucional”, tanto a nivel estatal coma autonómico, terá que aplicar os preto de 30.000 millóns de euros de recortes xa anunciados por Bruxelas.
Precisariase da existencia dunha candidatura de esquerdas, anticapitalista, de ruptura, que avogase por un dereito á autodeterminación dos pobos ata as últimas consecuencias, sen pactar coa burguesía, cun programa internacionalista e obreiro debaixo do brazo que puxese o punto de mira sobre o responsable da situación social que vivimos: o capitalismo. Unha alternativa que sinalase que, pese ao xogo electoral que estamos a ver, as nosas vidas non mudarán o máis mínimo. Que é máis necesario ca nunca enfrontarse aos intereses do capital, aos ditados da troika, aos recortes que cernan os nosos dereitos; en definitiva, a todos aqueles que viron coma a súa riqueza aumentaba nestes últimos anos a conta do que pertence aos traballadores.
A única forma de reverter esta situación, e unha máis que segura desilusión postelectoral, é a de reconducir toda-las inquietudes da mocidade e da clase traballadora cara a mobilización e a folga coma as únicas ferramentas válidas para muda-las nosas realidades. Francia é actualmente exemplo desta formulación. Temos que voltar á rúa e mostrar outro camiño á vía institucional: O camiño da mobilización.