Hoxe, 6 de outubro, continua a loita das traballadoras e traballadores de Extel, e do telemarketing en xeral, polos escasos
avances na negociación do convenio e fronte a un ERE que imprica mais de 200 despedimentos na nosa provincia, entre outros a nivel estatal.
Dende ESAR Galiza queremos amosar o noso mais profundo apoio e soliedariedade coas traballadoras e traballadores do telemarketing de todo o estado, en concreto coa plantilla coruñesa, profundamente afectada ante a nova do ERE.
A escasa interese da patronal na negociación do convenio colectivo, asi coma a decisión de levar a cabo un ERE en A Coruña, Zaragoza, Málaga, e… non é unha casualidade, responde a clara intención de destruir os postos de traballo menos precarizados e sustituilos por contratación temporal, miserable e moito mais precarizada, un claro exemplo da constante destrucción dos nosos dereitos laboráis.
Entendemos que as accións levadas a cabo polas compañeiras e compañeiros, baixo as circunstancias que rodeannos, son vitais respecto á defensa das condicións laboráis futuras non só para as plantillas do telemarketing, senon como exemplo de cara a outros sectores. Exemplo de que o camiño é a defensa dos nosos dereitos, defensa que tan só acadase coa autoorganización da clase traballadora e o uso das nosas ferramentas de loita: a folga e a mobilización na rúa.
Dende ESAR Galiza chamamos a apoiar a mobilización das compañeiras e compañeiros do telemarketing e a sair a rúa a manifestarnos pola defensa dos nosos dereitos laboráis. Precisamos dunha clase obreira combativa e organizada que dende a mobilización e a loita, plante cara ao capitalismo e a sua violencia.