Hoxe conmemorase o día mundial da auga, dende a ONU din que para rememorar a todas aquelas persoas que carecen dela ou a que teñen é de mala calidade… Este día debería servirnos para moito mais que rememoralas, debería ser un día de loita por un ben vital e natural explotado polo capital.
ESAR prefire recordar hoxe que temos que loitar polo que é noso e nos rouban día a día. Conmemoramolo día mundial da auga con esta pelicula sobre a Guerra Boliviana da Agua.