2016042613214149052Dende ESAR Galiza queremos amosar o noso apoio e solidaridade cos compañeiros encausados na “operación Jaro” ó mesmo tempo que posicionamonos contra a ilegalización de Causa Galiza.

Vivimos dende fai tempo un recrudecimento da represión; compañeiros detidos, encausados, millares de persoas sancionadas día a día por exercer as suas liberdades. A clase dominante, coñecedora da nosa forza, conscentes das mobilizacións no espazo internacional (coma nos casos de Grecia e Francia), así coma do mantemento das loitas no estado español e na Galiza, responden tentando amedrentarnos, calarnos e desprazarnos á ilegalidade.

Hoxe máis ca nunca é preciso axuntar a nosa solidaridade en responsta ós ataques dos que nos gobernan e os seus monicreques.