imagesÓ mesmo tempo que miles de refuxiad@s permanecen engaiolad@s ó longo da “ruta dos Balcáns”, a declaración conxunta do cume da UE con Ahmet Davutoglu o pasado 7 de marzo mostrou da forma máis descarada que os líderes da “Europa civilizada” tentan levantar máis muros, pechar aínda máis herméticamente os pasos e cobrar un imposto de sangue pola procura dun refuxio seguro ás/ós refuxiad@s e inmigrantes.

A miseria á que chegaron no cume como un estadio intermedio do acordo, que completarase o 17 de marzo, agrava cualitativamente o modo no que afrontar a maior onda de refuxiad@s dende a posguerra, a expensas mesmo da súa propia e falsa “legalidade internacional”, consolidando decididamente a Europa-fortaleza. Legalízase o peche da ruta a través dos Balcáns occidentais e o suplicio do goteo migratorio coa “fin do achegamento ó país de orixe sen formalidades”, ou o que é o mesmo, a “devolución en quente”,  mentres se prevé a “toma de tódalas medidas necesarias contra calquera apertura dunha nova ruta de tránsito”.

Non existe ningún compromiso por un plan de recolocación nos países da UE, nin plan de contribución económica humanitaria dentro das nosas fronteiras. Fronte a isto endurécense os criterios e agrávanse as distincións arbitrarias entre @s refuxiad@s, entre “quen non require protección internacional” e “migrantes irregulares”, mesmo entre @s refuxiad@s siri@s, dacordo á súa rexión de procedencia. Xa en si resulta un horrible sarcasmo chamalos refuxiad@s, participio de “refuxiar”. ¿Refuxiad@s onde?

A partir de agora prevese o retorno inmediato a Turquía, coa contribución económica acordada da UE, de todos e todas os que cheguen ás illas gregas e considérense “irregulares” ou non “necesitad@s de protección internacional”. En concreto, “por cada siri@ que sexa aceptad@ de novo en Turquía dende as illas gregas, outr@ siri@ será recolocado de Turquía ós estados membros da UE, no marco dos compromisos existentes”. Estes compromisos, que non se respectan, falan de 160.000 refuxiad@s, cando en 2015 máis de 1,2 millóns solicitaron asilo en países da UE.

O que se asinou a semana pasada en Bruselas, digámolo, é unha deportación en masa, o cal viola flagrantemente a Convención de Xenebra e o protocolo 167 de Nacións Unidas. @s refuxiad@s serán deportad@s a un “país seguro”, Turquía, que casualmente non subscribiu de todo a Convención de Xenebra. Evidentemente non se fala de repatrialos, porque significaría devolvelos a unha morte segura.

O case inexistente dereito humanitario foi derrotado polos gobernos xenófobos do centro e leste da UE que levantaron aramados e pecharon a ruta dos Balcáns, pero tamén coa complicidade dos grandes, excedidos pola situación; Tamén do goberno de Rajoy, cunha cifra de acollida de refuxiad@s vergoñosa. O ministro de Exteriores tivo que rebaixar o ton e agora subliña que a posición centrarase en rexeitar os retornos colectivos e en individualizar os procedementos de asilo na UE. Fai unha lectura moi particular sinalando a excepcionalidade do acordo e non cuestiona o groso da declaración do 7 de marzo que permitirá devolver a Turquía a tod@s @s refuxiad@s que cheguen a Grecia

Estamos ante o espantoso rostro asasino da Unión Europea, estrutura de e para o capital e a guerra, da que nunca sentímonos parte, en todo o seu esplendor. A UE, no seu dobre papel de agresora e carcereira, coas súas intervencións imperialistas, planta a guerra, o colapso económico, a destrución ecolóxica e o exilio. Esta Europa da civilización e as liberdades, irreformable pola súa natureza, apesta a fascismo e agora necesita un baño de sangue.

Con todo, o seu proxecto non é fácil, porque as paredes que quere levantar non poden deter o tsunami de oprimid@s. A xenofobia, a islamofobia e o racismo crecentes que alimentan os seus policías e exército despregados non poden extinguir a solidariedade que expresan os pobos traballadores, que están a loitar ó mesmo tempo contra a austeridade, o autoritarismo e a miseria provocada polo capital. Entenden que a raíz do sufrimento é compartido, que o sistema capitalista é un caníbal e que a loita debe ser común para liberarnos.

A batalla pola apertura das fronteiras, pola demolición do valo e desta Europa-fortaleza non é só unha batalla de apoio @s refuxiad@s, vítimas do imperialismo e desgarrados polas súas guerras no mundo, senón unha loita contra o noso inimigo de clase, as clases dominantes de Europa. Nesta loita non hai plan B posible, todos deberiamolo saber.

Esquerda Anticapitalista Revolucionaria ESAR rexeitamos taxantemente e condenamos este acordo da vergoña que non admite paliativos nin panxoliñas e esiximos a todas as forzas políticas, en especial á esquerda parlamentaria, a non aceptar a máis mínima negociación. Isto supoñería unha burla para miles de persoas, que xa viron demasiado como negocian coas súas vidas.

Chamamos ás e os traballadores, as clases populares e a mocidade para levantarse nunha mobilización de carácter internacionalista, de clase e solidario contra esta e todalas medidas de ataque a todolos pobos que sofren a guerra, explotación e miseria do capital que a UE co seu brazo armado sementa dende hai décadas e vense obrigados a fuxir dos seus fogares. Non os imos a deixar sós.